Elaboración do exquisito caldo galego

 Ingredientes:

- 1 culleriña de unto

- 100 gramos de touciño

- ½  galiña

- 1 óso de cana

- 150 gramos de habichuelas

- 500 gramos de patacas

- 2 feixes de grelos (1 repolo ou asa de cántaro)

- 3 litros de auga

- Sal

 
Preparación:

Pór a cocer a galiña, o touciño, o óso, o unto e as habichuelas en auga fría. Cando estean a medio cocer engadir a verdura troceada fina e logo o sal e as patacas en taquitos.

Se é necesario engadirlle auga, esta debe ser quente ou tépeda para que non interrompa a cocción que debe durar unhas tres horas, a lume lento e coa pota tapada.

Servir en ''cuncas''.

Comentarios