Premio á mellor loncha de xamón

Cortar xamón require mestría, ata o punto de que pode gañar moito un produto normal e perder en sabor outro de calidade superior dependendo da man que o transforme en finas lonchas, canto máis finas mellor.

E iso sábeo moi ben Emilio Calo, da Bodeguilla del Huerto de Santa Cristina (A Coruña), que este martes se proclamou gañador do Primeiro Concurso Autonómico de Cortadores de Xamón Serrano de Galicia.

A competición, á que acudiron oito cortadores profesionais, celebrouse en Expolugo e foi moi disputada. Ademais, entre os membros do xurado atopábase, por exemplo, Nicolás Jiménez, cinco veces campión do mundo nesta especialidade.

Fernando Blanco 'desenvaina' o coitelo

O pistoletazo de saída da proba deuno o conselleiro de Innovación Industria, Fernando Blanco, quen, coitelo xamoneiro en man, se animou a cortar unhas lonchas ante os participantes.

O xurado estivo presidido por José Manuel Torre Núñez, director xeral de Torre de Núñez, a empresa impulsora do evento. Os premios foron entregados pola concelleira de Servizos Xerais do Concello de Lugo, Luisa Zarzuela, e o técnico de Turismo da Deputación de Lugo, Beatriz Valcárcel, que actuaron en nome da vicepresidenta terceira da Deputación Provincial, María José Veiga Buján.

Dura competición
Emilio Calo tivo como competidores a José Manuel Míguez, da Bodeguilla de San Lázaro (Santiago), que quedou finalista; Amancio Moya Igresias (do Restaurante Villarrica (Pasteriza, A Coruña); Luís Anil, do Hotel Hesperia Finisterre (A Coruña); Eduardo Anillo, do Restaurante España (Lugo); Carlos Lorenzo Fernández, cortador de xamón (Pontevedra); Ricardo Vales, de Casa Pezas (A Capela, A Coruña); e Ángel Sánchez Caamaño de Casa de los Peces (A Coruña).

Torres de Nuñez, patrocinadora do concurso, leva 40 anos dedicándose á produción de servizos cárnicos.

En febreiro de 2007 conseguiu a certificación Especialidade Tradicional Garantida Xamón Serrano, que asegura ao consumidor que a elaboración do produto se fai reproducindo os métodos tradicionais de fabricación, á vez que se cumpren as normas de calidade establecidas pola Comunidade Europea. O resultado é un produto cunhas condicións de calidade óptimas.

Comentarios