Entrega do VII Premio Nacional de Gastronomía Tradicional ''Lola Torres''

O vindeiro venres 17 de abril de 2009, no Centro Superior de Hostalería de Galicia, dependente da Xunta de Galicia, terá lugar a entrega do VII Premio Nacional de Gastronomía Tradicional ''Lola Torres'', que en 2008 levou o Restaurante ''Josetxo'' de Pamplona (cociña Navrra).

Entre as personalidades asistentes está prevista a asistencia do alcalde de Santiago de Compostela Don José Sánchez Bugallo, e o alcalde do Grove Don José Antonio Cacabelos, o Director do Centro Superior de Hostalería de Galicia Don José Paz Gestoso, o Presidnete da Fundación de Amigos de Galicia Don Jesús Busto Peteiro, o Presidente do Club Gastronómico Rías Altas Don José Martínez Vidal, o Presidente da Asociación Gastronómica Lareira Don José Limeres, o Presidente de Cehosga Don Juan Silva e distintas asociacións de hostalería de Galicia.

Ao finalizar o acto, os alumnos do Centro Superior de Hostalería servirán un viño galego, por invitación do centro.

Comentarios