Eroski aposta polos provedores galegos

A cadea de supermercados Eroski incrementou nun 13 por cento as súas compras a provedores galegos durante 2007, en concreto por valor de 176 millóns de euros a un total de 132 vendedores. Este aumento de transaccións permitiu ampliar ata un 51 por cento a oferta total de produtos frescos procedentes da comunidade nos establecementos da compañía.

Ademais, Eroski asegura que seguirá contribuíndo a potenciar o sector primario de Galicia cunha serie de medidas que incrementarán as vendas dos produtores locais.

Así, os supermercados Eroski acollerán desde o 18 ao 27 de setembro a oferta monográfica de produtos de Galicia, identificados co cartel de "Sabores da nosa terra", para satisfacer a crecente demanda dos consumidores dun produto de calidade, con ingredientes naturais e cun valor engadido saudable.

Rede en Galicia
A rede de Eroski na comunidade galega está formada por 89 supermercados, catro gasolineiras, 15 oficinas de viaxes, seis perfumerías, 36 autoservicios Aliprox e 73 supermercados Familia. En total, o seu persoal en Galicia está integrada por 4.250 persoas.

Comentarios