Excarcerada unha muller en Dodro e catro feridos en Carballo

Dous turismos que circulaban pola AC-305 ao seu paso por Dodro (A Coruña) chocaron na mañá deste luns e unha muller tivo que ser liberada polos Bombeiros de Boiro do interior dun dos turismos sinistrados. Segundo informou o 112 Galicia, o accidente ocorreu sobre as 7.45 horas deste luns no lugar de Muro Novo, en Laíño, no termo municipal de Dodro.

Foi un particular o que informou ao CAE 112 Galicia do suceso, tras o que se pasou aviso a Urxencias Sanitarias, aos efectivos do GES de Padrón e aos Bombeiros de Boiro. Ademais, solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico e do persoal do servizo de mantemento da estrada.

CATRO FERIDOS EN CARBALLO. Por outra banda, catro persoas resultaron feridas a pasada noite tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban pola estrada que Carballo e Malpica, á altura da primeira localidade. O turismo estrelouse contra un sinal. 

Comentarios