''Excelencia 2009'' a 10 viños do D. O. Monterrei outorgada pola Asociación Galega de catadores

A Asociación Galega de Catadores fai público a listaxe de 10 viños.  Trátase de 8 viños brancos, 2 viños tintos. Esta listaxe é o resultado dunha cata cega (botella tapada) de 26 viños, realizada por esta asociación e coa colaboración do Consejor Regulador do D. Ou. Monterrei. Nesta ocasión foron nove profesionais do sector, integrados por directores técnicos de Consellos Reguladores, enólogos, catadores, distribuidores e xornalistas.

 Os catadores resaltaron o excelente frescor dos viños da colleita 2008

 

CATADORES:

     Santiago Castro (Director Técnico C.R. D.O. Touro)

     Guillermo Díez (Economista – Adegueiro)

     Pablo Franco (Director Técnico C.R. D.O. Bierzo)

     Luís Moya (Catador-Propietario Taberna Pil-Pil)

     Antonio Raluy (Catador – Viñoteca Viño Consentido)

     Luís L. Paadín (Director Guía de Viños e Augardentes de Galicia)

     Felicísimo Pereira (Enólogo)

     Xosé L. Sebio (Enólogo)

     Beatriz Soto (Directora Técnica C.R.D.O. Ribeira Sacra)

 

As puntuacións outorgadas polos catadores a viños de adegas ás que están vinculados, a pesar de ser cata cega, desestimáronse.

Os viños valorados pola súa excelencia hasn sido os viños brancos Castro de Lobarzán (99 puntos), Ladairo (96), Terra do Gargalo (95), Crego e monaguillo, Vía Arxentea (ambos con 94), Triay (93), Pazo de Mariñán (92) e Quinta dás Tapias (90). Todos eles da colleita do 2008. E os tintos Catro de Lobarzán da colleita do 2008 con 99 puntos e do 2007 con 95

Comentarios