Éxito da Denominación de Orixe Ribeiro en Salenor

Máis dun cento de profesionais do viño e a gastronomía visitaron a carpa do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro no Salón asturiano da Alimentación (Salenor), celebrado do 16 ao 18 de febreiro en Avilés.

Durante o evento, as seis adegas da Denominación do Ribeiro ofreceron a degustacións dos seus caldos a numerosas personalidades da restauración, distribuidores e importadores.

Ademais, organizouse unha cata comentada polo director da Guía de Viños Proensa, Andrés Proensa. O experto aproveitou a ocasión para destacar a gran calidade dos novos viños do Ribeiro, que ''xa non son un de xarra e cunca, un viño abalado pola súa propia contraetiqueta, e que ten que ser degustado e gozado nunha boa copa''.

Foron as adegas Manuel Vermello, Terra Minei, Coto de Gomariz, Manuel Formigo, Casal de Paula, Vitivinícola do Ribeiro e o propio Consello Regulador os anfitrións da caseta.

Comentarios