Falece un motorista nun accidente de tráfico na Rúa

O outro ocupante da moto resultou ferido de gravidade, tras saír disparado do vehículo

Un motorista faleceu este luns e unha segunda persoa resultou ferida de gravidade nun accidente de moto ocorrido na N-120 á altura do termo municipal da Rúa.

Segundo informou o CAE 112, os dous ocupantes da moto sufriron un accidente na Nacional, á altura da adega Quintá dá Peza, que une A Rúa co Barco de Valdeorras.

Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios, Bombeiros de Valdeorras e o helicóptero medicalizado.

A causa do accidente, un dos ocupantes da moto resultou falecido e outra persoa ferida de gravidade, tras saír disparada da moto na que circulaba.

Comentarios