Feira da cebola chata en Miño

Miño celebra os días 7, 8 e 9 de agosto a oitava edición da Feira da Cebola Chata. O programa inclúe venda directa, concurso de escaparates coa cebola, mostras de pintura, animación infantil, actuacións musicais e exhibicións de artesanía e antigüidades ao longo de todas as xornadas, así como degustacións gratuítas de empanada de cebola.

A feira realízase entre a Rúa Mercado, Rúa Pumariega e a pista polideportiva de Rabazal, onde o Concello habilita postos de madeira para que as decenas de ''ceboleiras'' chegadas de todo o municipio poidan expor e vender as cebolas.

Comentarios