viernes. 22.10.2021 |
El tiempo
viernes. 22.10.2021
El tiempo

Feira do Butelo: o calendario gastronómico ábrese en Lugo

A Feira do Butelo da Fonsagrada marcará este próximo fin de semana o inicio do calendario anual de festas gastronómicas na provincia. A oferta lúdico-culinaria inclúe para 2009 preto de 50 convocatorias de exaltación de produtos moi variados, tanto de costa como de interior.

A duodécima edición da Feira do Butelo, que abrirá as súas portas o vindeiro sábado, ás dez da mañá, contará coa presenza de 62 expositores, oito máis que o ano pasado. De entre eles cabe destacar os postos dos empresarios locais do sector cárnico, que ofrecerán aos visitantes o butelo e outros produtos porcinos característicos da comarca. Tamén haberá expositores de artigos de artesanía e doutros produtos gastronómicos como pan, repostería, mel, licores ou viño.

Estas casetas situaranse en dúas carpas —unha de 1.000 metros cadrados e outra de 200— que habilitará o Concello na chaira existente fronte ao Museo Comarcal. Nesta cita gastronómica, que concluirá o domingo ás sete da tarde, non faltarán as actuacións folclóricas, que correrán a cargo do grupo local ‘Antaruxas e Sorteiros' e a ‘Agrupación Xuntanza' de Alcobendas.

O alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, espera que no marco deste evento se superen os 10.000 killos de butelos vendidos na edición de 2008. «Este ano a data na que cadra a feira é ideal porque o produto está nun punto excelente de curación. Por iso esperamos que teña unha gran acollida», subliñou o rexedor. Ademais, animou á xente a visitar a vila eses días para probar «non só o butelo, senón tamén o resto do noso cocido, que xa é unha referencia a nivel galego e nacional».

Navia exalta a androlla
A seguinte cita para os amantes da gastronomía lucense terá por escenario outro concello da montaña luguesa, Navia de Suarna. A Praza do Concello albergará o domingo 22 a decimonovena Festa da Androlla. A día de hoxe xa está confirmada a presenza de 25 expositores.

A estrela destes postos será a androlla, da que se esperan vender máis de 4.000 quilos ao longo da xornada. Ese mesmo día o concello será o escenario da tradicional trialera 4x4, outro dos reclamos da xornada festiva.

Feira do Butelo: o calendario gastronómico ábrese en Lugo
comentarios