Feira do Queixo e do Pan de Ousá

Friol celebrará o 27 de marzo unha nova edición da Feira do Queixo e do Pan de Ousá, un dos eventos gastronómicos de referencia no calendario galego que congregará na vila ao redor dun centenar de produtores locais.

Así o avanzou o alcalde, Antonio Muiña, quen xa se puxo en contacto cos participantes na edición anterior para animarlles a que se volvan a sumar á feira, que cumpre 19 anos, ademais de instarlles a que fagan un esforzo de contención «» nos prezos para que a crise económica non impida que, do mesmo xeito que en edicións anteriores, os miles de visitantes que ano tras ano abarrotan o recinto feiral esgoten as existencias de queixos e pans.

Máis información.

Comentarios