Feira do mel en Lugo

 O domingo 25 de setembro ten lugar unha nova edición da Feira do mel en Lugo, que acolle unicamente produtos relativos ao mundo da apicultura.

Durante todo o día repartiranse pola cidade distintos postos que expoñen produtos apícolas e onde tamén os asistentes poderán gozar da degustación de mel de distintas rexións de Galicia. 

Comentarios