Feira do Bonito de Burela

Cartel de la edición de 2007 (Galicia Gastronómica)
photo_camera Cartel de la edición de 2007 (Galicia Gastronómica)

É unha festa clásica, de entre as que se celebran no mes de agosto en Galicia.

Ten lugar o primeiro sábado do mes, normalmente pola tarde. Participan ao redor de 10.000 persoas, que degustan o bonito cocido, asado á parilla e en empanada. O epicentro da festa é a chaira do porto burelense, o máis importante do Cantábrico en capturas deste peixe.

O programa de actos adoita completarse con xogos e deportes tradicionais, mostras fotográficas, o habitual pregón, concursos de carteis e musica.

A festa conta coa declaración de interese turístico desde o ano 1999.

Comentarios