O concello lucense de Sober celebra cada sábado e domingo de Ramos a tradicional Feira do Viño de Amandi.
Ademais das tradicionais catas dos prestixiosos caldos da zona, o programa da feira inclúe diversos eventos culturais.
Tamén se desenvolven, con motivo da festa, declarada “de interese turístico”, diferentes actuacións musicais.
A festa comeza na mañá do sábado, co tradicional disparo de foguetes. Xa pola tarde ten lugar a cata oficial. Na xornada do domingo, ao comezo da feira é tradición lanzar tantas bombas de palenque como adegueiros participan na mesma. O programa de actos complétase, habitualmente, con pasacalles e verbena.