Ferido de gravidade un motorista tras unha caída rexistrada en Ourense

O accidente tivo lugar na Rúa Marcelo Macías

Unha caída de moto saldouse en Ourense co condutor da mesma ferido de consideración, informou o 112.

Sobre as nove da noite do xoves, persoal sanitario informou ao CIAE dunha caída de moto na Rúa Marcelo Macías, á altura de Telefónica.

Segundo explicaron os técnicos sanitarios, o motorista resultou ferido de gravidade.

Tras recibir a chamada, desde o 112 Galicia, enseguida solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Local e de Protección Civil.

Os Bombeiros da cidade tamén foron informados o suceso.

Comentarios