Festa da Filloa en Cotobade

A parroquia de Valongo celebra a XXXIII edición da Festa dá Filloa. Unha vez máis os asistentes terán a posibilidade de probar as filloas feitas á pedra e á tixola.

A organización encárgase de repartir as racións desde as 18 horas do sábado 3 a un módico prezo. A festa tamén terá a súa sesión vermouth e un programa de visitas guiadas e verbenas. Unha das grandes atraccións para os afeccionados e profesionais da cociña é o concurso de filloas, onde se premiará á mellor, tendo en conta a innovación en ingredientes en recursos.

Comentarios