Festa do Polbo na Illa de Arousa

A enésima cita co cefalópodo máis famoso da nosa terra terá lugar na Illa de Arousa. A partir das 11 horas ata as 16.30, e de 19 a 23 horas, a localidade arousá porase ao choio para dar, cocido en cobre ou entre masa de pan, o polbo ao gusto do visitante.

Do 3 ao 4 de setembro poderase degustar polbo nos seus preparados máis típicos: á vinagreta, á feira, en empanada e, como non, á illa, unha receita baseada nunha salsa a base de cebola e pemento. A ración roldará os 8,50 euros.

Comentarios