Festa da Androlla de Viana do Bolo

"Boteiros" del carnaval de Viana do Bolo (Turgalicia)
photo_camera "Boteiros" del carnaval de Viana do Bolo (Turgalicia)

Como corresponde á época de entroido, o produto exaltado na Festa da Androlla de Viana do Bolo (Ourense) é contundente: un embutido de carne de porco que achega as calorías precisas para sacudirse o frío e que adoita acompañarse con cachelos.

A cita ten lugar o primeiro domingo de entroido, celebración que nestas terras limítrofes coa provincia de Zamora cobra un especial colorido, con máscaras tradicionais que aquí se chaman “boteiros”.

Coa declaración desta festa como “de interese turístico galego” Viana do Bolo veu a ocupar o lugar destacado que lle corresponde dentro do calendario galego de introito, xunto a outros puntos con máis fama, dentro do territorio ourensán, caso de Xinzo de Limia, Verín e Laza, que integran o chamado “triángulo” do entroido na provincia.

Comentarios