Festa da Cacheira

A undécima edición desta cita gastronómica terá lugar o próximo 29 de xaneiro no municipio pontevedrés de Pazos de Borbén.

Alí, a partir das 11.00h, a charanga Vai de Baile ofrecerá a súa actuación polas rúas da zona e tamén se encargará de amenizar a comida aos asistentes que acudan a degustar este prato culinario.

O encargado de ler o pregón este ano será o humorista Lito, que o fará á 13.00 do mediodía.

Xa pola tarde, ás 16.00h, a festa continuará a cargo da orquestra Alcotán. Seguidamente, unha hora e media máis tarde, o humorista do pregón, Lito, porá o broche final ao evento coa súa actuación.

Comentarios