Festa da Filloa de Muimenta

Filloa (Galicia Gastronómica)
photo_camera Filloa (Galicia Gastronómica)

Apenas cinco días antes de celebrarse, como cada primeiro de maio, a Festa da Filloa de Muimenta (municipio lucense de Cospeito), alcanzou en 2008 a categoría de "interese turístico galego”, que concede a Xunta. A publicación da resolución afirmativa fíxose efectiva no Diario Oficial de Galicia do 25 de abril.

A ratificación do Executivo galego produciuse a instancias da comisión de valoración presidida pola Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Innovación, que tivo en conta a antigüidade e o arraigamento desta cita, así como a súa singularidade e o seu valor cultural.

Tanto a exaltación da filloa de Muimenta como a do ourizo de Cervo, que tamén foi distinguida como de interese turístico, celébranse anualmente desde 1992.

Comentarios