Festa da Troita de Pontecaldelas (Pontevedra)

A Festa da Troita celebrárase durante o 29 e 30 de Maio en Pontecaldelas. Esta é a 45 edición do evento, que seguindo a tradición, a parte da degustación deste manxar tamén se levará a cabo un concurso de pesca. Ademais, estas actividades estarán amenizadas pola música.

Esta festa ten a súa orixe no ano 1967 e nace como iniciativa dun grupo de amigos aficcionados á pesca. Así, durante o sábado 29 levarán a cabo varias actividades como o concurso senior e veterano de Pesca Deportiva, que comezará ás 09.00 horas, a apertura da caseta de degustación de troitas organizado polo Gremio de Hostalería de Ponte Caldelas na Alameda. Xa pola tarde, ás 19.30 horas, terá lugar a actuación do grupo de baile rexional Trouleada e a animación da charanga Apeles a partir das 20.30 horas. Para finalizar o día, orquéstra Trébol ofrecerá a súa actuación ás 23.30 horas.

O domingo 30 tense previsto que comence ás 08.30 horas o concurso de pesca de damas, xuvenís e infantís. Seguidamente, de 12.00 a 14.30 horas abrírase a caseta de degustación na Alameda e haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música Artística de Arcade. Nese mesmo lugar tamén se entregarán os trofeos do campionato de pesca nas súas diferentes modalidades. Novamente a banda ofrecerá outro concerto. Xa pola tarde, de 18.30 a 21.00 horas, abrírase a caseta de degustación de troita onde se poderá gozar do prato en varias das súas especialidades. Para finalizar, ás 19.00 horas, terá lugar o festival folclórico a cargo da banda de gaitas Os Coribantes de Buchabad, a Asociación Folclórica de Alba de Tormes, de Salamanca, e o Grupo de Danza da Asociación de veciños Barrio Ave María de Palencia.

Para máis información: http://www.pontecaldelas.org/festa_troita.htm


Comentarios