Festa do Albariño de Cambados

Expositor promocional de vino albariño (Otto/AGN)
photo_camera Expositor promocional de vino albariño (Otto/AGN)

A Festa do Albariño de Cambados (Pontevedra) é a máis antiga exaltación gastronómica de Galicia e unha das máis veteranas de España.

As súas orixes remóntanse a 1953 e hoxe en día superou a condición de celebración gastronómica para converterse nunha verdadeira cita social e cultural de primeira orde no verán galego.

Ademais de para premiar aos mellores viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, a festa serve tamén para recoñecer o papel de diferentes personaxes populares que se distinguiron polo seu defensa do albariño. A eles entréganselles as capas da Orde do Capítulo Serenísimo do Albariño e xuntos percorren, a modo de desfile báquico e incruento, as rúas da localidade.

Casetas
Durante a festa, en diversas casetas instaladas no Paseo da Calzada e nos restaurantes da zona pódense degustar os afamados caldos que dan nome ao evento e que se converten en aliados de excepción para os manxares (sobre todo do mar, como é lóxico) de toda a comarca do Salnés.

A Festa do Albariño celébrase sempre o primeiro domingo de agosto.

Comentarios