Festa do Berberecho en Foz

A novena edición deste evento culinario celebrarase no porto da localidade da Mariña de Lugo durante os días 21 e 22 de xaneiro. Alí, os asistentes poderán degustar este prato típico galego preparado de varias formas: con arroz, en salsa verde e á mariñeira, así como tamén en empanada.

Pero isto non será o único con que os asistentes pódense atopar. Así, para o sábado 21, a partir das 11.00 horas uns pasacalles, a cargo dos grupos folclóricos  folclóricos A Subela e O Feitizo, amenizará a festa. Seguidamente, ás 12.00 horas o músico natural de Foz, Francisco Javier Alonso Navarro, encargarase de ler o pregón.

Unha das bandas dos pasacalles, A Subela, acompañará aos asistentes na súa degustación.

Pola tarde, a partir das 17.00 horas o grupo folclórico O Feitizo volverá ofrecer unha antuación. Dúas horas máis tarde, ás 19.00 horas a banda a Rondalla Latexos porá o broche final á festa.

Finalmente, o domingo 22 a cita gastronómica trasladarase aos bares da localidade, onde os visitantes poderán seguir degustando berberechos. Os grupos A Subela e O Feitizo de Foz encargaranse de amenizar este día.

Comentarios