Festa do "Carneiro ó espeto" de Moraña

A Festa do “Carneiro ao espeto”, que ten lugar cada último domingo de xullo no municipio pontevedrés de Moraña, é unha verdadeira celebración para os sentidos. E é que nesta cita non só se come co gusto; tamén coa vista e o olfacto. A soa perspectiva de máis de 150 cordeiros “espetados” (cravados) no recinto da Carballeira de Santa Lucía é, por se mesma, un espectáculo.

Os participantes na comida oficial teñen mesa reservada na carballeira, con empanadas, pan, viño, auga, café, pingas e salsa “ajilismójilis”. Os demais poden levar o cordeiro para a súa casa ou buscar onde comelo, xa que na carballeira non queda un metro cadrado libre.

Os lotes, que hai que reservar por adiantado, dan para ao redor de vinte persoas. A festa crece ano tras ano, pero os organizadores da mesma móstranse partidarios de reducir a 120 as mesas na carballeira, para garantir un servizo perfecto, como ata agora.

Nada se deixa á improvisación na festa. As mesas están numeradas e adxudicadas de antemán a un grupo determinado. Uns grandes carteis ao redor da carballeira, cun plano da mesma e da distribución das mesas, indica a quen corresponde cada unha delas. Os carneiros, unha vez asados, sortéanse entre os grupos inscritos para evitar suspicacias.

Lotes
Quen desexe participar nesta festa gastronómica deberá realizar a reserva previa dun dos lotes que a organización prepara para ese efecto, e que na edición de 2007 compúñase de:

Un cordeiro asado “ao espeto”, de 12 a 14 quilos.
Unha empanada de trigo de zorza.
Unha empanada de trigo de bacallau con uvas pasas.
Catro molletes de pan.
Doce botellas de viño tinto da terra “Carneiro ao Espeto”.
Doce botellas de auga mineral.
Unha botella de salsa especial “Ajilismójilis” para o asado.
Café e augardente .
Servizo completo de mesa.

Cada lote é suficiente para 20 comensais e o seu custo é de 260 euros.

Comentarios