Festa do Codillo en Mos

A décimo cuarta edición da esta cita gastronómica para exaltar ao Codillo terá lugar no municipio pontevedrés de Mos durante o 15 e o 16 de Outubro.

Así, o sábado 15 a festa estará amenizada polo grupo de playback Estrelas do Castelo. Ese día ás 22:00 horas tamén terá lugar un magosto popular. Media hora máis tarde, ás 22.30 horas, se celebará o IX Concurso de Sierra de Troncos. Para finalizar a xornada, Turre´s Band ofrecerá o seu espectáculo.

Ao día seguinte, o domingo 16 abriranse os postos de produtos gastronómicos e artesanais ás 10.30 horas. Seguidamente, ás 11.00 horas os asistentes poderán degustar este prato típico polo módico prezo de 8 euros. Este momento estará amenizado polo Grupo de Baile Sta. Eulalia, pola Banda de Gaitas Airiños do Castelo e polo Rancho Folclórico Säo Martinho de Penacova. Para finalizar, ás 12.00 horas levarase ao cabo a lectura do pregón a cargo de Turre's Band.



Comentarios