Festa do Costillar de Tenreira ao Espeto na Estrada

Este sábado, 3 de setembro, celebrarase unha homenaxe a varios escritores da zona e inaugurarase con iso a Festa do Costillar, na que todos os asistentes terán a oportunidade de degustar tapas e pratos desta suculenta carne.

Acompañando ao evento gastronómico, as orquestras Calibre e Prisma, xunto coas Cantareiras de Ardebullo amenizarán a velada aos alí presentes.

Durante o domingo 4 de setembro continúa a música e a festa nesta localidade. Nesta ocasión os asistentes contarán coa presenza do grupo Estelar e poderán gozar tamén de numerosos xogos populares.

Comentarios