Festa gastronómica da fabada en Meis

O encontro gastronómico terá lugar en San Vicente de Nogueira, no Concello de Meis (Pontevedra) e terá o popular legume como reclamo principal para todos os asistentes. A parroquia converterase en escenario de pratos e tapas realizadas con fabas e celebrarase o vindeiro domingo 11 de setembro enmarcada dentro das Festas das Dores.

Ademais da fabada o menú incluirá pan e viño. A organización ten previsto sacar máis de mil litros de viño, entre o viño Tinto de Barrantes e o Albariño. A degustación da fabada poderá complementarse co tradicional polbo á Feira, xa que a organización conta coa posible presenza de persoas que non poden comer un prato de fabada.

Comentarios