Filloas con sangue

Ingredientes

1 l. de leite,
4 ovos,
1 vaso de sangue de porco,
1 culleriña de canela,
1 limón (a ralladura),
Fariña a que admita,
Manteiga de porco ou touciño,
Azucre,
Canela.

Preparación

Bátense os ovos e engádeselles o leite, o sal, a ralladura de limón e unha culleriña de canela. Logo incorpóraselle aos poucos fariña ata formar unha pasta solta, engádeselle o sangue de porco, mestúrase ben e formáronse algúns grumos pásase polo colador.
Ponse ao lume unha tixola, se unta de manteiga ou co touciño suxeito cun tenedor, unha vez engrasada bótase unha capa fina de pasta de forma que se estenda cubrindo todo o fondo. Déixase callar e dáselle a volta para que se douren do outro lado.
Se a tixola non ten suficiente graxa hai que volver a untarla. Logo de retiralas se espolvorean con azucre e canela.

Comentarios