Unha fronte fría afectará a Galicia nun domingo de ceos cubertos

Previsión de Meteogalicia
photo_camera Previsión de Meteogalicia

A situación meteorolóxica do domingo estará marcada polo paso dunha fronte fría durante o día. Espérase unha mañá de ceos nubrados con choivas, pero a medida que avance a tarde as precipitacións remitirán. Así, a noite de San Juan estará caracterizada por  ceos cubertos, aínda que con baixas probabilidade de choiva, segundo Meteogalicia

As temperaturas mínimas quedarán en lixeiro ascenso mentres que as máximas descenderán moderadamente. Na cidade de Lugo, os termómetros oscilarán entre os 14 graos e os 20 graos, mentres que noutras urbes como Pontevedra chegarán a marcar 24º e non baixarán de 15º.

Comentarios