Gadisa suma e segue

Establecimiento de Gadis (Foto: Gadisa)
photo_camera Establecimiento de Gadis (Foto: Gadisa)

Gadisa suma xa 192 Supermercados Gadis, coa recente inauguración do sétimo establecemento no que vai de ano, co que xera 24 postos de traballo directos. A apertura deste novo Supermercado en Valladolid consolida a expansión da compañía na comunidade de Castela e León, onde conta xa con 42 puntos de venda.

O novo Gadis da capital valisoletana conta cunhas modernas instalacións de 900 metros cadrados de superficie adaptadas ás necesidades dos clientes, coas seccións configuradas para axilizar a compra e coa trazabilidad garantida dos produtos, que se distribúen a diario desde unha plataforma logísitica cun volume total refrixerado de 103.000 metros cúbicos.

Máis de 700.000 clientes
Gadisa, que conta con máis de 700.000 clientes, é a cuarta compañía máis importante de Galicia,  ocupa o sétimo posto no ranking de empresas nacionais de distribución e proporciona emprego a máis de 5.600 traballadores.

A empresa ten abertos actualmente un total de 192 Supermercados Gadis, 10 Centros Comerciais Haley, 12 Cash Ifa e preto de 200 Supermercados Claudio franquiciados, situados en Galicia e en Castela e León.

Comentarios