Galicia arrinca a semana con choivas débiles e descenso de temperaturas

Previsión de MeteoGalicia para este lunes
photo_camera Previsión de Meteogalicia para este luns

Galicia estará o luns nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos de compoñente oeste.

Desta forma, os ceos estarán parcialmente cubertos con precipitacións máis probables na franxa atlántica pola mañá, pero que de forma ocasional poden estenderse a outros puntos pola tarde.

As temperaturas mínimas estarán en lixeiro descenso e as máximas non terán cambios significativos.

O vento soprará frouxo de compoñente oeste, con algún intervalo de moderado no litoral norte. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades
A Coruña 12º 16º Ferrol 12º 17º Lugo 9º 16º Ourense 12º 18º Pontevedra 12º 17º Santiago 12º 16º Vigo 12º 18º

Comentarios