Ceos nubrados en gran parte de Galicia na xornada deste mércores

Nalgunhas zonas da comunidade rexistraranse chuvascos ocasionais
Previsión para este miércoles. METEOGALICIA
photo_camera Previsión para este mércores. METEOGALICIA

Galicia continuará este mércores nunha situación pouco definida, entre as altas e as baixas presións, con circulación suroeste que achega humidade desde o mar.

Así, espérase unha xornada de ceos máis nubrados no oeste, onde poderán rexistrarse choivas débiles, máis probables durante a mañá e sen descartar algún chuvasco ocasional pola tarde nalgunhas zonas do interior.

As temperaturas non terán cambios significativos, con lixeiros descensos das mínimas. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.

Temperaturas mínimas e máximas
A Coruña 13° 23°
Ferrol 12º 21°
Lugo 7° 21°
Ourense 11° 24°
Pontevedra 11° 23°
Santiago 10° 18°
Vigo 12° 23°

Comentarios