Galicia gastronómica renova a súa imaxe e contidos

www.galiciagastronomica.com, a web de referencia da cociña galega, renóvase. O seu deseño e contidos foron actualizados de acordo coa imaxe e caracterísicas do ‘seu portal matriz' www.galiciae.com, do grupo de comunicación EL PROGRESO.

Con esta renovación integral, a empresa multimedia con sede en Lugo reforza a súa aposta pola gastronomía como unha dos acenos de identidade fundamentais da cultura, a economía e a oferta turística de Galicia.

Información
A nova web é, en primeiro lugar, un espazo con abundante e actualizada información sobre a gastronomía galega en particular e o mundo da cociña en xeral. A sección ‘Noticias' incorpora referencias de eventos, novidades ao redor de produtos e servizos (con especial atención á produción amparada por indicativos de calidade), empresas, iniciativas de interese, catas, xornadas gastronómicas, etc.

No apartado de 'Rutas' ‘se proporcinan propostas para ‘escapadas' a través do territorio galego, coa gastronomía como protagonista.

‘Restaurantes e chefs' é un espazo dedicado aos cociñeiros, con entrevistas, reportaxes, novidades sobre menús, preparacións e outras referencias.

Dentro da sección de 'Alimentación' cabe todo o relacionado tanto coa nutrición propiamente dita como coas empresas e produtos deste sector.

En 'Receitas' inclúense preparacións con firma de diferentes chefs galegos, que achegan información sobre os ingredientes e a forma de elaborar os diferentes pratos, paso a paso.

Para rematar, no apartado dedicado a 'Festas' inclúese un calendario (con mapa de localización) das principais celebracións gastronómicas de Galicia. Distínguense as declaradas ‘de interese turístico' doutras festas que non gozan de tal recoñecemento.

Toda esta información irase actualizando progresivamente, dacordo coas novidades que se produzan.

Comentarios