Galicia segue baixo o efecto do anticiclón

O venres, Galicia continuará con influencia anticiclónica e con circulación do sueste algo máis marcada que nas xornadas anteriores. Con esta situación, espérase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, con intervalos de nubes baixas no sur e leste do territorio. 

Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán frouxos do sueste, aumentando en intensidade pola noite. As temperaturas non terán cambios significativos. 

Así, por cidades, as temperaturas máximas oscilarán entre os 22 graos de Vigo e os 18 de Santiago, mentres que as mínimas estarán entre os 6 graos de Lugo e os 13 de Vigo. 

Comentarios