Gran contraste entre máximas e mínimas

Este martes Galicia quedará na influencia do anticiclón centrado ao noroeste da Comunidade galega. Así, espéranse bancos de néboa matinal que deixarán paso a ceo pouco nubrado ou despexado en xeral, con intervalos de nubes baixas no terzo norte, onde incluso se pode rexistrar algún chuvasco illado e ocasional. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo do nordés, aumentando a súa intensidade pola tarde. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, polo que se volverán a formar xeadas en moitos puntos do interior, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. 

Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 21 graos en Vigo, mentres que os valores mínimos descenderán ata os cero graos en Lugo. 

Comentarios