Habla del silencio 2010

Vino_(26_2011) Habla del Silenci.JPG
photo_camera Vino_(26_2011) Habla del Silenci.JPG

Zona: D.O. Viños da Terra de Estremadura. Colleita: 2010. Maridaxe: Costas de cordeiro estremeño con cogomelos ao perfume de romeu. Graos: 14.5 % vol. Temperatura de consumo aconsellada: 15-17º

Baixo a indicación xeográfica Viños da Terra de Estremadura atópanse moitas adegas, entre as que destaca Bodegas Habla, que chama a atención por ser un proxecto de adega nova pero con moito futuro.

As súas modernas instalacións e viñedos atópanse á beira de Trujillo, onde ademais de apostar pola terra diferenciadora, tamén o fixeron pola calidade e a innovación.

Cata
Cor picota de capa alta, espello limpo, bordo violáceo e bágoa fina e longa. Nariz serio e de boa intensidade, potente, con carga de froita negra e vermella madura, con notas florais, especias, algo de tomiño, sotobosque, madeira fina e cacao. Unha vez na boca, a entrada é moi agradable, o seu paso é aterciopelado, equilibrado, carnoso, con taninos doces e goloso.

Posúe unha gran persistencia, con recordos a froitos vermellos, a monte baixo e a cacao.

Comentarios