Ferida nunha colisión entre tres vehículos na Coruña

O accidente produciuse na ponte da Pasaxe

Unha muller resultou ferida nunha colisión entre tres vehículos na Coruña, segundo informou a Axencia Galega de Urxencias.

Ás 14.20 horas deste luns produciuse un accidente entre tres turismos na AC-12 na ponte da Pasaxe, onde se necesitou asistencia sanitaria.

Unha ambulancia trasladou á muller ferida ata un centro hospitalario e tamén se alertou aos bombeiros da Coruña, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios