Ferida en Zas tras chocar contra un camión de butano

A carga do camión, 20 bombonas cheas e dúas baleiras, non se viu afectada

Unha muller resultou ferida tras chocar co coche en que viaxaba cun camión de repartición de butano, segundo informa a Axencia Galega de Urxencias.

Ás 15.40 horas deste luns á altura de Brandomil produciuse a colisión entre un turismo e un camión que portaba vinte bombonas de butano cheas e outras dúas baleiras, aínda que a carga non se viu afectada.

Unha muller, que viaxaba como ocupante no coche, resultou ferida e foi trasladada en ambulancia a un centro sanitario polo persoal de Urxencias Médicas.

Colaboraron na intervención os membros de Protección Civil de Zas, os bombeiros de Santa Corda e Garda Civil de Tráfico.

Comentarios