Ferida tras saírse da vía pola acumulación de xeo na calzada en Brión

Foi traslada a Urxencias Médica por dor no pescozo

En Brión, a AC-543 foi escenario dun accidente provocado pola acumulación de xeo na calzada. 

Preto das nove da mañá deste sábado, un vehículo saíuse da vía e unha muller resultou ferida. Queixábase de dor no pescozo e foi trasladada polos profesionais de Urxencias Médicas. 

Do mesmo xeito que nos casos anteriores, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos efectivos de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas para a retirada do xeo.

Comentarios