Ferido grave un motorista ao chocar cun turismo en Barbadás

O accidente tivo lugar na estrada de Celanova, á altura de Mobles Forneiro

Un motorista resultou ferido grave por mor dun accidente de tráfico rexistrado ás oito e media deste mércores na localidade ourensá de Barbadás, informou o 112.

Segundo explicou o alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, tratouse dun choque entre un turismo e unha moto que circulaban pola estrada de Celanova, á altura de Mobles Forneiro.

Debido á gravidade do sinistro, persoal do 061, tras ser alertado polo 112 Galicia, optou por desprazar ao momento un helicóptero medicalizado, aínda que finalmente o motorista puido ser evacuado nunha ambulancia medicalizada ao centro hospitalario de referencia.

Os axentes de Tráfico, Policía Local, Bombeiros do Carballiño, GES de Pereiro de Aguiar e os efectivos de Protección Civil da localidade tamén foron informados o accidente polo 112 Galicia.

Comentarios