Ferido un obreiro ao caer dun andamio en Ourense

O suceso produciuse no edificio dun albergue nas inmediacións do Concello

Un obreiro resultou ferido na cidade de Ourense este luns ao caer dun andamio situado no edificio dun albergue nas inmediacións do Concello. 

Segundo informa o 112, a vítima caeu polo oco da escaleira, e foi un particular o que deu o aviso sobre as 12.35 horas deste luns. 

O home tivo que ser evacuado a un centro hospitalario. Foron avisados, entre outros, membros do 061, Protección Civil, Policía Local e Policía Nacional. 

Comentarios