Hoxe celébrase a V edición do Campionato Galego de Xefes de sala-maitres

Por fin hoxe día 22 se celebrá o  Campionato Galego de Xefes de sala-maitres na cidade de Vigo, unha das citas máis esperadas do ano por todo o gremio, xa que este campionato honra ao vencedor cunha gran dose de prestixio profesional, ademais de proporcionar acceso á competición polo campionato de España da especialidade.

O acto dará comezo a as10:30, cando está prevista a recepción dos participantes, media hora máis tarde, comporase a mesa rexedora. Será definitivamente ás 11:30 cando de comezo a pruabe propiamente dita coa proba teórica consistente nun cuestionario.

Esta proba será corrixida polos xuíces a partir das 12:30.

Logo dun descanso para comer chegará a proba decisiva e a parte máis emocionante do concurso, posto que ás 14:00 daranse a coñecer os conmbres dos finalistas. Desde as 14:30 ata as 18:00 será cando se decida todo, as tres horas e media máis emocionantes do día. Unha vez realizadas todas as probas o xurado realizará o reconto de puntuacións para determinar quen é o vencedor do concurso. O nome do triunfador saberase ao redor das 19:00 horas, cando se clausurará o acto cun cóctel de despedida.

Comentarios