I Feira da Tapa en Cangas

A primeira edición desta celebración levará a cabo desde o 18 ata o 25 de agosto en Cangas. Os establecementos participantes poderán optar a dous premios: un á mellor tapa elixida polos asistentes e outro ao mellor petisco escollido polo xurado.

Todas as persoas que se acheguen ata os locais participantes no concurso poderán degustar as tapas por tan só 1,50 euros e, unha vez, que a desgusten poderán votar mediante unha papeleta a que máis lle guste. Ésta só se poderá depositar na urna cando sexa selada en tres establecementos distintos.

Para os asistentes ao evento que participen nas votacións poderán entrar nun sorteo dunha cea para dúas persoas nun restaurante do muncipio.

Comentarios