III Festa dos Callos en Oín

As xornadas gastronómicas dos callos terán lugar os días 7 e 8 de Outubro en Oín, municipio do concello de Rois e nelas repartiranse máis de cen racións deste aclamado prato de xeito totalmente gratuíto.

Ademais da cita gastronómica mencionada poderanse gozar de actuacións populares de gaiteiros e da típica noite de verbena a cargo do dúo Máster. Durante a xornada do domingo 8 terá lugar tamén unha Xincana Cabalar e unha exhibición de motocicletas.

Comentarios