Internet para promover o sector turístico

Internet supón unha gran oportunidade para promocionar e dar a coñecer o sector do turismo nestos momentos de crises, segundo destacaron expertos que participaron na xornada inaugural do seminario 'Turismo e TIC', que se celebra ao longo da xornada deste sábado no marco do salón 'Turexpo Galicia 2009'.

Segundo explicou David Marrodán, Travel Industry Manager de Google España, o principal motivo desta importancia como soporte publicitario para o sector radica en que Internet ten un perfil de usuario que coincide co público obxectivo da maioría das empresas turísticas, xa que o 75% dos internautas sitúanse entre os 22 e 55 anos, e unha alta porcentaxe son de clase media e media-alta.

Marrodán, quen estivo acompañado de Manuel L. Pan, da empresa Abertal Networks, reforzou esta idea sinalando que a penetración de Internet superou o 44% nos últimos tres anos e que en 2013 espérase que chegue ao 62%. Así mesmo, deu a coñecer que esta ferramenta de comunicación ten 23,3 millóns de usuarios e chega ao 53% da poboación mundial.

Por outra banda, deu a coñecer a campaña que está a facer o Xacobeo 2010 en Google, da que destacou que inicialmente está dirixida a España, Reino Unido, Italia, Alemaña e Francia, cunha gran acollida. Tamén apuntou de faríanse accións orientadas a outros países como Portugal.

Youtube
O representante de Google tamén falou da plataforma Youtube, da que dixo é unha importante ferramenta de mercadotecnia ao ser a a primeira en entretenimento en liña a nivel mundial, na que se colgan cada minuto 21 horas de vídeos.

A interactividade e a captación da atención do usuario foron algunhas das vantaxes que sinalou desta plataforma.

Comentarios