''Irmandiños dous viños de Galicia'' organiza un encontro en Viveiro

O próximo día 18 de abril, sábado, celebrarase en Viveiro unha Xuntanza dos ''Irmandiños dous viños de Galicia'' organizada polo Irmandiño Fausto Galdo, nativo desa cidade.

Os Irmandiños dous viños de Galicia é unha asociación con máis de 15 anos de antigüidade formada por homes cun interese en común: a exaltación da calidade do viño galego. Dirixida polo poeta Manuel María, presidida polo insigne Nemesio Barxa, conta con Pepe Pousada como Secretario Xeral liderando máis de dous centos Irmandiños entre os que se atopan profesionais do sector vinícola, liberais, intelectuais e artistas. Xente libre e aberta.

O encontro dos case 50 asistentes  está previsto para as 12.30 horas na Praza Maior de Viveiro, onde se realizará o recibimento por parte do alcalde, Don Melchor Roel, acompañado polo cronista oficial Don Carlos Novo.

Está programada unha visita á Igrexa románica de Santa María (monumento nacional) co seu convento incluído, despois toca a Igrexa conventual de San Francisco, para finalizar no Porto vello. Desde alí partirase en coche ao Pazo de Trabe, na Parroquia de Galdo, onde se realizará unha cata litúrxica e a comida de fraternidad.

Comentarios