Xapón: un bo mercado de futuro para os viños de Rías Baixas

O Pazo de Mugartegui protagonizou un seminario sobre o Mercado do viño en Xapón. Ao acto asistiron 25 adegas interesadas no mercado nipón no que esta Denominación de Orixe  xa está introducida fai algo máis de 10 anos.

Desde este Consello Regulador vese a Xapón como un mercado estable no que os viños van crecendo de forma paulatina: ''neste mercado crecemos en valor desde 1997 e, tamén, en litros pois pasamos de 2.000 l.  en 1997 a 35.000 l. en 2008'' asegura o secretario xerente do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, Ramón Huidobro.

Na actualidade, 25 adegas de Rías Baixas están a vender os seus viños ao mercado nipón, país que máis incrementou as súas exportacións durante o exercicio 2008.

A analista de mercado da Oficina Económica e Comercial de España en Tokio, Chieko Konagaya, recordou que a dieta nipoa, baseada nos peixes e mariscos, marida perfectamente cos viños desta Denominación de Orixe. O viño é unha bebida moderna en Xapón, cunha antigüidade de 20 anos, a súa franxa de consumo está entre os 20 e 40 anos e está liderada polas mulleres.

O tapón da raia, fóra do alcance da tecnoloxía xaponesa
O editor da revista Wands, Kunio Bansho referiuse a estes viños como produtos saudables que encaixarían na dieta nipoa. Tamén manifestou que o 70% dos xaponeses non probou o viño, co que a marxe de mercado é moi amplo, e finalmente como curiosidade, durante a súa intervención relativa á ''Distribución e a tendencia do consumo de viño en Xapón'', este editor tamén se referiu ao tapón da raia que resulta máis fácil no seu uso para este consumidor.

Comentarios