Javier Rodríguez Ponte ('Taky'), novo presidente do Grupo Nove

interior_2_taky.jpg
photo_camera interior_2_taky.jpg

O Grupo Nove ten nova xunta directiva, que asumirá a dirección do grupo gastronómico ao longo dun ano. Javier Rodríguez Ponche ('Taky'), membro fundador, é o novo presidente do Grupo, substituíndo a Marcelo Tejedor, que ocupou o cargo no último ano.

Taky, vinculado na actualidade a unha empresa de catering e que ata agora é o único cociñeiro galego que representou a España no certame internacional do Bocouse d`Or, estará acompañado na xunta directiva por Xoán Crujeiras (Restaurante A Estación), tamén socio fundador, que continuará como vicepresidente, e Héctor López (Restaurante España), que se incorporou ó grupo na ampliación realizada en 2006, que ocupará o cargo de secretario.

A nova directiva dos Nove asume rematar os proxectos postos en marcha, entre os que destaca a edición dun libro de contos. Este é un dos proxectos máis ambiciosos do grupo, no que conta coa colaboración de Miguel Ángel Prado, como ilustrador, Víctor González, autor dos contos, e cunha banda sonora composta por Guadi, de Espido.

A nova xunta asumiu tamén o compromiso de editar unha nova peza de comunicación que, segundo se asegurou, non deixará indiferente a ninguén.

Comentarios