O viño galego pasa por un bo momento ratificado en Monterrei

Materia prima del suculento vino
photo_camera Materia prima del suculento vino

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei acolleu onte a visita dunha delegación de Importadores norteamericanos procedentes de Nova York, New Xersei, California e Florida acompañados de Dª. Aranzazu Olcina, Responsable de Comercio Exterior da Cámara de Comercio Española en Nova York.

Esta actividade está organizada pola Cámara de Comercio coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, e durante a visita  os importadores norteamericanos tiveron a oportunidade de coñecer as peculiaridades destes caldos e da zona en que son producidos realizando así mesmo un encontro coas adegas, finalizou a xornada cunha cea ofrecida polo Consello Regulador a todos os participantes.

Comentarios