Premian a campaña de 'Vivamos como galegos'

'Vivamos como galegos' de Supermercados Gadis convértese na primeira campaña de publicidade de Galicia que resulta premiada pola AMPE, que lle concedeu a 'Gorda de Prata' no seu corenta aniversario. A campaña de publicidade 'Vivamos como galegos' da  empresa Supermercados Gadis (dedicada á venda de, entre moitos outros produtos, os de alimentación) recibiu un premio na gala do 40 aniversario da Asociación de Medios Publicitarios de España, na que se presentaron a concurso 1.164 pezas de 52 axencias de publicidade.

As campañas ''Vivamos como galegos'' 2007 e 2008, desenvolvidas pola axencia BAP Conde, tiveron unha gran aceptación entre o público nos diferentes soportes empregados para a súa difusión. www.vivamoscomogalegos.com recibiu máis dun millón de visitas converténdose na campaña máis vista da historia da publicidade en Galicia.

Introdución de novos termos gastronómicos
GADISA, empresa de distribución á que pertence Supermercados Gadis, contribuíu a que a Real Academia Galega recoñecese oficialmente a palabra ''greleiro/a'' tras utilizalo na primeira campaña de 'Vivamos como galegos'.

Gadis propuxo á institución que aceptase o termo co obxectivo de pór en valor o labor dunha parte importante dos agricultores e agricultoras que se dedican ao cultivo dun produto tan típico da gastronomía e a cultura de Galicia como o grelo.

Comentarios